Pola igualdade de xénero nos certificados de excelencia turística

Incorporar criterios de igualdade de xénero nos certificados de excelencia turística e unha das propostas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ao director do Instituto para la Calidade Turística Española (ICTE), Fernando Fraile, dentro do seu modelo de turismo de calidade e comprometido, busca impulsar o fomento de boas prácticas no sector que favorezan a perspectiva de xénero, con selos que atendan á responsabilidade social empresarial.

A pretensión da Xunta, en liña coas demandas sociais, sería que no futuro poidan avaliarse tamén principios de igualdade neste eido, con especial atención a aqueles colectivos máis susceptibles de estar en risco por esta circunstancia.

O obxectivo final é mellorar as condicións de traballo, con medidas de calidade no emprego, facendo fincapé naquelas que poidan afectar ao sector do aloxamento turístico, en particular ás camareiras de pisos, profesionais cuxas reclamacións están a ser escoitadas pola Xunta.

A xuízo do Goberno galego, a ponderación destes principios na súa concesión favorecería a equidade no sector, e se avanza ademais no cumprimento do mandato parlamentario derivado da moción sobre emprego no sector turístico aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado 4 de decembro. Entre outros aspectos, no texto acordado instábase a reunirse cos representantes do sector para impulsar medidas no ámbito da sensibilización, da formación e da aplicación de criterios de contratación que protexan a colectivos en risco.

Galicia encabeza a clasificación a nivel nacional no número de Q de Calidade Turística por diante de rexións como Andalucía, Comunidade Valenciana ou País Vasco. Ademais, ocupa a primeira posición en ámbitos estratéxicos como as instalacións náutico-deportivas, casas de turismo rural, turismo industrial, turismo activo, balnearios ou establecementos hoteleiros.