O inorde celebrou unha xornada profesional de turismo deportivo

O balneario de Laias acolleu unha xornada profesional de turismo deportivo  organizada polo Inorde   co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte. O redor de 120 persoas analizaron a importancia que supón a innovación do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10 % do movemento turístico en España 


Este cumio –con expertos nacionais en innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- ten como obxectivo seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.

O evento formativo afondou na importancia do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10% do movemento turístico en España, buscando xerar impacto económico,  desestacionalizar o destino, constituirse en referencia para conseguir eventos deportivos, e incrementar as instalacións existentes. 

A sesión formativa articulouse en catro paneis: “Innovación e tendencias”, moderado polo redactor de Deportes e Negocio do Diario Expansión, Víctor Cruzado; “Destinos”, moderado polo director xeral da Asociación de Marketing de España, Víctor Conde; “Patrocinadores”, moderado polo gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro; e, por último, o panel de “Eventos”, moderado pola directora do World Football Summit, Marian Otamendi. 


Ao remate dos relatorios de cada panel, celebrouse un debate entre os profesionais de cada área para analizar as liñas de consenso, aglutinando a súa experiencia práctica e os seus coñecementos sobre cada unha das materias.