IV Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos en A Coruña

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña abríu a inscrición para o Lacónicas IV Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos, que se celebrará na Coruña entre os días 25 de febreiro e 10 de marzo de 2019. 

O prazo de inscrición rematará o día dez de xaneiro e neste evento gastronómico poderán participar todos os establecementos de hostalaría da cidade que pola súa traxectoria profesional e proposta gastronómica encaixen na temática das xornadas, previa inscrición no prazo e forma establecidos nas bases. As solicitudes serán enviadas ao correo electrónico xornadaslaconicas@gmail.com

Todos os establecementos solicitantes deberán participar baixo o modelo de Menú Lacónicas e establécese unha única modalidade de participación: o menú tradicional, que deberá ser elaborado principalmente con produtos galegos. 

Estas xornadas, que inauguran o calendario de gastronómico do ano 2019, márcanse como obxectivo potenciar a cidade como destino turístico durante o Entroido coruñés a través do menú característico e popular da época, a laconada, dentro da aposta pola gastronomía como unha das liñas estratéxicas en materia turística.