HG&T estivo no xurado do II Concurso do Bolo Rei de Ponte de Lima

A revista HG&T (Hostalería, Gastronomía & Turismo), a través de Victoriano Castro, participou xurado do II Concurso do Bolo Rei en Ponte de Lima, unha das doçarias tipicas do Nadal en Portugal. E moi parecido a nosa Rosca de Pacua, aquela de alem Minho con máis froitas escarchadas e froitos secos.

Nove foron as pezas de Bolo Rei presentadas a concurso, das cales,  tras a proba do xurado, que valorou os aspectos visuais e organolépticos (aroma, sabor e textura), resultou gañadora a presentada pola pastelería local Farinheiro, segunda foi a da Havanesa e en terceiro lugar clasificou, tras desempate coa anterior, a de Amor e Canela
 

Unha honra compartir juri con Antonio Caterino, de TSG a Mesa; Cristina Castro, autora do libro a Doçaria Portuguesa; Isabel Afonso, profesora a area de Biotecnooxia Alimentaria da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima e o televisivo chef Marco Gomes, propietario do Restaurante A Oficina, en Porto, que non aparece na foto por ter que incorporarse máis tarde.

O Concurso do Bolo Rei está promovido polo municipio de Ponte de Lima e Associação Empresarial de Ponte de Lima, en colaboración coa Escola Superior Agrária de Ponte de Lima e Confraria do Sarrabulho à Moda de Ponte de Lima.