HGg&T cerra a entrega de medallas esta tarde coas adegas da DO Monterrei

As adegas de la D.O. MONTERREI recibirán as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, cun acto que terá lugar este luns 3 de decembro ás 19:00 no Salón de Actos do CPR Mercedario de Verín. 

Un total de 10 bodegas están convocadas a esta entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise. 

A presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, fará as veces de mestra de cerimonias. Xunto a Guillermo Campos, fundador de revista Hostalería Galega e Turismo; María Campos, directora da publicación, e Victoriano Castro, director comercial, que estarán acompañados por representantes da AGASU e da AGE. 

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Carballiño na primavera, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, como se lembrará, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, chacinas, cafés, aceites, cervexas, etc. 

A entrega dos diplomas en Monterrei forma parte dun completo calendario no que se entregaron as distincións ás máis de 300 marcas distinguidas durante estes anos: O luns 19 de novenmbro entregáronse na D.O. Rías Baixas, o mércores seguinte na D.O. Ribeiro, na mañán do luns 26 os da D.O. Ribeira Sacra e na tarde os da D.O. Valdeorras, o mércores 28 entregáronse os diplomas ás empresas conserveiras con Anfaco, e o 30 de novembro xunto o Agacal entregaránse conxuntamente os diplomas para queixos, cervexas, aceites, cafés e chacinería 

No primeiro trimestre próximo, HGg&T anunciará a convocatoria da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das catas celebradas ao longo de 2018, coa que rematarán as celebracións do XXV aniversario da fundación e edición ininterrompida da revista sectorialmente hexemónica no cuadrante noroeste peninsular.