Descendeu a ocupación en Lugo durante a ponte da Constitución

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 70,76 % de ocupación. 

Os datos fan xirar a liña ascendente de negocio que houbo neste período en anos anteriores, pois a media de 2017 chegara ao 80 %. Segundo a APEHL, os festivos do ano pasado foron máis favorables para viaxar. 

A zona centro de Lugo foi a área da provincia con máis visitantes, cunha media do 71,64 % de ocupación. A Terra Chá logrou o 71,43 % e A Mariña e a Ribeira Sacra estiveron polo 70 %. 

Os hostaleiros consultados sobre este balance da ponte coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na provincia procedían maioritariamente do territorio nacional.