As luces de Nadal encheron Vigo durante a ponte

Durante a Ponte da Constitución a cidade de Vigo estivo completamente abarrotada de curiosos que decidiron aproveitar os seus días libres para descubrir o ambicioso alumeado de Nadal plantexado polo concello.

Récord de visitantes, comercios e cafeterías cheos, atascos, transporte público reforzado... Tan só o xoves pola tarde pasaron nada menos que 65.000 persoas pola zona da Farola de Príncipe, segundo os datos facilitados polo concello. 

Este dato foi feito público polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que avanzou as boas cifras de ocupación hoteleira grazas ao alumeado de Nadal instalado polo Concello.

"Isto era o que queriamos e o conseguimos", sinalou o rexedor en referencia á masiva afluencia de visitantes que está a acadar a cidade desde que o pasado 24 de novembro foron acendidas as luces de Nadal na cidade.

Caballero explicou que o nivel de afluencia foi "inconmensurable" e admitiu que "foi a vez que máis xente mirei" nas zonas de Porta do Sol, Príncipe, Farol de Urzáiz e cruce de Policarpo Sanz. "Aínda así, que ninguén deixe de vir a Vigo, temos sitio para todos", asegurou a continuación o alcalde.