Achegas da Deputación de Pontevedra para actividades turísticas

Un total de 31 entidades da provincia benefícianse este ano das axudas da Deputación de Pontevedra para actuacións e actividades de carácter turístico por un importe total de 130.000 euros. A Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a concesión destas achegas, que se conceden en réxime de concorrencia competitiva.

Na comarca do Salnés benefícianse un total de 7 entidades. De Cambados trátase da Asociación Cambados Zona Centro e a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas; do Grove, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos; de Sanxenxo, o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, o Club Náutico de Sanxenxo e o Motoclub Amigos da Moto Sanxenxo; e de Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia Proturga.

Na comarca de Vigo, un total de 14 entidades perciben estas axudas. No Porriño trátase do Clúster do Granito, e en Vigo, obtiveron partidas a Asociación Sociocultural e Deportiva Sinergias 360, a Asociación de Amigos da Ruta Marítima do Apóstolo Santiago a Galicia, a Asociación de Comerciantes da Rúa do Príncipe, a Asociación Veciñal de Beade, a Asociación de Comerciantes do PAU de Navia, a Asociación Galega de Sumilleres, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, o Centro Veciñal e Cultural Valladares, o Club Montañeiros e Montañeiras Celta, a Federación de Empresarios e Empresarias de Hostalaría, a Federación Galega de Surf, a Fundación Ceo de Ciencia e Cultura e Fundamar-Fundación para a pesca e o marisqueo.

No Morrazo, a Asociación Cultural Alfombras de Bueu percibe tamén unha axuda para actividades turísticas en 2018. Na comarca do Val Miñortrátase do Monte Real Club Internacional de Iates Baiona. Na comarca do Deza, hai dúas entidades de Lalín beneficiarias: a Asociación Amigos e Amigas do Museo Casa do Patrón e a Asociación Veciñal de Vilatuxe.

Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes hai 3 entidades: na Estrada son a Asociación Veciñal de Sabucedo e a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, e en Forcarei, a Asociación O Can de San Roque. Finalmente, na comarca de Pontevedra contabilízanse 2 entidades: en Poio está a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, e en Pontevedra, a Fundación Camiño de Santiago.