A Adega Cooperativa San Roque de Beade presentou o Tostado do Ribeiro Terras do Castelo

A Adega Cooperativa San Roque de Beade presentou o viño tostado Terra do Castelo, que van a unirse aos que elaboran en Vi´ña Costeira e no Grupo Reboreda Morgadío. Esta adega produce baixo a Denominación de Orixe do Ribeiro e, desta vez, presenta un novo viño tostado elaborado con uva treixadura mediante un proceso de pasificación da mesma. O sabor resultante é naturalmente doce.

A presentación deste Tostado do Ribeiro, de produción limitada, celebrouse nas propias instalacións da adega San Roque e participaron tanto o presidente da mesma, Ramón Álvarez Bueno, como seu homólogo do consello regulador do Ribeiro, Juan Casares; así como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.