Trabada promociónase como corazón da Mariña Lucense

A partir do vindeiro mes de decembro, Namorarte, iniciará a labor de  comercialización do destino a través das súas plataformas dixitais.  Nesta primeira fase, a comercialización do destino, comezará con campañas focalizadas no concepto de Trabada como corazón da Mariña Lucense, baixo o abrigo do Camiño Natural que é un concepto co que xa leva tempo traballando o concello.

Todo isto, levarase a cabo en colaboración cos hostaleiros, aloxamentos e empresas de ocio do concello. Tamén destacar que un dos principais obxectivos é a proxección nacional e internacional durante o 2019. Para ofrecer produtos turísticos a mercados de gran potencial, que ata o de agora non coñecen o atractivo de Trabada.

Como punto de partida, en decembro, lanzarase en formato “escapada regalo”, a través da web e con varios colaboradores, a campaña “Descubre el corazón de A Mariña Lucense con los 5 sentidos”.

Todo este traballo é froito dos esforzos levados a cabo dende o concello en materia de promoción, formación e dinamización. Diversas accións do Plan de Dinamización Turística que teñen como obxectivo situar Trabada no mapa turístico, promocionando os seus recursos diversificando. 

Ademais, permitirá desestacionalizar o fluxo de visitantes. Uns esforzos que servirán para potenciar a demanda turística dunha forma sostible.