Sportur Galicia recibiu 10.000 visitantes

Sportur Galicia pechou as portas da súa segunda edición acadando bos resultados de asistencia que permiten que o proxecto se consolide. Durante tres días reuniu en Expourense a 125 expositores que ofreceron máis de 125 actividades que atraeron a 10.000 visitantes. 

O salón serviu para visibilizar o papel que xoga o deporte como motivación turística e como desenvolvemento económico. Vencellando con isto, os profesionais do sector que asistironao II Seminario sobre Deporte e Turismo Activo tiveron a oportunidade de coñecermáis de preto o impacto xerado no territorio polos eventos turísticos con grandes exemplos como a PantinClassic Galicia PRO que se converteu no terceiramellor proba mundial de surf ou o Circuito Automovilístico Internacional de Vila Real. Tamén vencellado co negocio no deporte estivo o II Workshop de Turismo Activo de Galicia onde participaron 10 axencias de viaxes especializadas que mantivero nreunións cos expositores. 

A actividade continúa en Expourense que xa prepara as citas feirais da seguinte fin de semana. Do 23 ao 25 de novembrocelébrase a 2ª edición de AntiqAuria, Feira Internacional de Antigüidades que coincidirá coa 19ª edición de Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e ActosoSocieis e coa 2ª edición de Bebega, Mostra do Bebé que se celebrarán os días 24 e 25 de novembro.