Showroom de Valdeorras en Madrid

Un total de 21 adegas da comarca, a metade das amparadas baixo o selo da D.O., participaron
no centro comercial ABC Serrano de Madrid nun showroom organizado polo equipo da Guía Peñín. 

O obxectivo da iniciativa, tal e como salienta o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, foi o de “achegar os brancos e tintos de Valdeorras aos potenciais consumidores finais, no marco dunha acción de promoción directa nun dos espazos comerciais máis distinguidos da capital”. 

Nesta acción promocional impulsada desde o Consello Regulador, na que se puideron degustarse 37 referencias de viño diferentes, participaron as adegas A Coroa, Alán de Val, Da Pinguela, O Casal, O Cepado, Santa Marta, Coop. Jesús Nazareno, Roandi, Ruchel, D´Berna, Godeval, Sampayolo, Joaquín Rebolledo, O Luar do Sil, Quinta da Peza, Viña Costeira Valdeorras, Viña Somoza e Virxen de Galir.