Pulo ao turismo deportivo có Inorde

A través do Instituto ourensán de desenvolvemento económico (Inorde), a Deputación de Ourense da un novo impulso ao ecosistema de turismo deportivo cunha xornada profesional co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.

Coa participación de 120 persoas no Balneario de Laias, hoxe desde as 9.00 ata as 14.30 horas o evento formativo afondou na importancia do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10% do movemento turístico en España.

Este cumio –que conta con expertos nacionais en materia de innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- foi unha das propostas que presentou Manuel Baltar no pasado pleno de debate sobre o estado da provincia, para afondar na estratexia de creación dun ecosistema de turismo deportivo, que impulsa a Deputación de Ourense.

A sesión formativa articúlouse en catro paneis: "Innovación e tendencias", moderado polo redactor de Deportes e Negocio do Diario Expansión, Víctor Cruzado; "Destinos", moderado polo director xeral da Asociación de Marketing de España, Víctor Conde; "Patrocinadores", moderado polo gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro; e, por último, o panel de "Eventos", moderado pola directora do World Football Summit, Marian Otamendi.

Ao remate dos relatorios de cada panel, celebrouse un debate entre os profesionais de cada área para analizar as liñas de consenso, aglutinando a súa experiencia práctica e os seus coñecementos sobre cada unha das materias.