Preto de tres millóns de euros para "Ourense a tu alcance"

Para o desenvolvemento do proxecto presentado pola Deputación "Ourense a tu alcance" a comisión informativa de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente celebrará mañá xoves, 22 de novembro, a súa xuntanza, xunto ás comisións de Cultura e Igualdade, abordará o convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a entidade pública empresarial Red.es,  

O Plan Nacional de Territorios Intelixentes da Red.es ten como obxectivo a colaboración coas entidades locais para a transformación dos territorios consonte ao modelo de destino turístico intelixente e, nesta convocatoria, foi seleccionado o proxecto presentado pola Deputación de Ourense, "Ourense a tu alcance", que é unha plataforma integrada de turismo intelixente dos recursos turísticos da provincia, que ofrece servizos personalizados como "Siente Ourense" e experiencias inmersivas como "Ourense te guía". 

O importe total para o desenvolvemento destas actuacións ascende a preto de tres millóns de euros (2.989.022 euros), dos cales Red.es financiará o 60% do orzamento total, e a Deputación de Ourense asumirá o 40% do custe das actuacións.

Na comisión informativa de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente tratarase o Programa de cooperación coas entidades locais en materia de servizos sociais "BenOurense persoal técnico 2019", a través do cal a Deputación de Ourense presta asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes para a execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos. Neste convenio tamén están incluídas as mancomunidades intermunicipais que xestionen estes servizos dun conxunto de municipios de menos de 20.000 habitantes.