Os sabores do Atlántico no Día Europeo do Enoturismo en Martín Códax

Albariño acompañado de sabores atlánticos. Esa é a proposta da bodega cambadesa para o próximo domingo 11 de novembro. A actividade constará dunha breve visita á bodega tras a que os asistentes poderán gozar de seis dos seus viños acompañados polas maridaxes máis aplaudidos na experiencia enoturística ‘As tardes do Atlántico’. Unha despedida por todo o alto para a exitosa actividade estreada este verán. 

O próximo domingo 11 de novembro celébrase o Día Europeo do Enoturismo e, como non podía ser doutra maneira, Bodegas Martín Códax súmase a esta celebración con ‘Os sabores do Atlántico’. A súa proposta é nada menos que unha clausura da experiencia enoturística que estreaba este verán, cuxo obxectivo é potenciar a atlanticidade dos seus viños e a calidade dos produtos e produtores do Salnés: ‘As tardes do Atlántico’. 

Máis de 600 persoas participaron nesta actividade que durante os meses de xullo, agosto e setembro contou con diferentes e moi variadas proposta, nas que se acompañaban os albariños da bodega con elaboracións transgresoras e un toque de fusión pero sempre respectando os sabores e a esencia atlántica. 

Por este motivo, tras o éxito da experiencia, para celebrar o Día Europeo do Enoturismo, desde Bodegas Martín Códax presentan unha recompilación das maridaxes que contaron con maior acollida ao longo do ciclo, pratos entre os que os asistentes poderán probar sushijapo-galego, dumplings, queixos ou doces. 

O evento dará comezo ás 12.00 horas cunha breve visita á bodega para coñecer máis sobre a súa historia, a súa filosofía e a elaboración dos seus viños. Algúns deses viños serán os que proben os participantes xusto despois, durante a cata maridaxe na que participarán da experiencia atlántica. Degustaranse un total de seis viños procedentes de viñedos do Val do Salnés acompañados por seis maridaxes únicos con un obxectivo común: transmitir a personalidade e a magnitude do Atlántico a través de produtos da zona da maior calidade. 

A actividade, que conta cun aforo máximo de 45 persoas, ten un prezo de 30 euros. Os interesados en participar deben adquirir as entradas a través da tenda online da páxina web da bodega (www.martincodax.com) , sendo esta a única canle de venta.