Lugo énchese de Jazz




 Esta fin de semana deu comezo o Festival de Jazz de Lugo, unha cita veterana que este ano alcanza nada menos que a súa XXVIII edición enchendo de música a cidade cun total de 19 concertos repartidos ata o vindeiro día 18 de novembro.

No completo programa aparecen nomes como Antonio Lizana, Eva Fernández Trío, Charles McPherson, Gilad Hekselmen, Yellowjackets… Concertos distribuidos en diferentes espazos da cidade e prezos que oscialan entre os 5 e os 12 euros.

O festival de Jazz de Lugo está organizado pola Asociación Amigos do Jazz de Lugo (Escobijazz), conta coa colaboración de institucións pública (Xunta de Galicia, Diputación e Concello de Lugo) e de empresas privadas como Cafés Candelas ou Hijos de Rivera.

Boa opción para achegarse ata a capital lucense neste mes de novembro a descubrir talentos consolidados e novas promesas da mans dunha organización veterana, que ten sacado adiante este completo festival dende 1989.