HGg&T entrega as medallas aos viños do Ribeiro xunto có Consello Regulador

As adegas de la D.O. Ribeiro recibirán as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, cun acto que terá lugar o vindeiro luns 19 de novembro ás 19:00 nas instalacións de antigo Centro Comarcal do Ribeiro.

Un total de 24 bodegas están convocadas a este entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise. 

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, fará as veces de mestre de cerimonias. Os premios serán entregados por Guillermo Campos, fundador de revista Hostalería Galega e Turismo; María Campos, directora da publicación, e Victoriano Castro, director comercial. 

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Carballiño na primavera, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, como se lembrará, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, chacinas, cafés, aceites, cervexas, etc. 

A entrega dos diplomas de do Ribeiro é a segunda parada dun completo calendario no que se entregaran as distincións ás máis de 300 marcas distinguidas durante estes anos: Este luns entregáronse na D.O. Rías Baixas, o luns 26 os da D.O. Ribeira Sacra e os da D.O. Valdeorras, o mércores 28 entregaranse os diplomas ás empresas conserveiras con Anfaco, o 30 de novembro na sede do Agacal entregaranse conxuntamente os diplomas para queixos, cervexas, aceites e o 3 de Decembro os da D.O. Monterrei. 

No primeiro trimestre próximo, HGg&T anunciará a convocatoria da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das catas celebradas ao longo de 2018, coa que rematarán as celebracións do XXV aniversario da fundación e edición ininterrompida da revista sectorialmente hexemónica no cuadrante noroeste peninsular.