Guillermo Campos repasou a evolución da cociña galega no congreso Ibernáutica

O director fundador da revista HGg&T, Guillermo Campos, deu este xoves unha conferencia no marco do Congreso Ibernáutica celebrado en Cerceda, que versou sobre a evolución da cociña galega a través das súas publicacións de referencia, dende a cociña dos pazos á actualidade, pasando pola cociña de aldea. 

Campos partiu de obras indispensables como o “Practicón” de Ángel Muro ou “La cocina española antigua” da Condesa de Pardo Bazán, reivindicando a actualidade e utilidade de moitas das recomendacións contidas nestes manuales. 

A partir de ahí trazou un completo recorrido no que tiveron cabida publicacións de tanta importancia como “La cocina práctica” de Manuel Puga, o “Comer en Galicia” de Víctor Sueiro, pero tamén a antoloxía “Xantares para o Siglo XXI” editada polo propio Campos ou as publicacións do Grupo Nove. 

A charla de Campos estivo englobada nunha mesa redonda dirixida por Francisco García Bobadilla, na que tamén participaron Jesús Quintá, presidente da IXP Castaña de Galicia, Mar Churruca, presidenta da Academia Vasca de Gastronomía, Elena Zulueta, directora da Escola Harina Blanca de Hostelería, José Mouriño, promotor da D.O. Ribeira Sacra, Juan Luis López, presidente de Agatur, Manuel Rodilla, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía e André de Quiroga, presidente da Academia do Camiño Portugués.