Galicia lidera a produción de leite ecolóxico


Galicia sitúase como a primeira comunidade en explotacións de leite ecolóxica e deste tipo de producuón en xeral, segundo salientou o conselleiro do Medio Rural, José González, na clausura en Santiago da II convención anual de gandeiros de leite ecolóxico do grupo Lactalis,. 

Alá remarcou o apoio da Xunta a estas producións, pois marcan boa parte das tendencias de consumo no presente e, sobre todo, de futuro. E neste senso, a consellería -abundou- ten en marcha un plan estratéxico da produción ecolóxica que sitúa o seu horizonte en 2022 e para o que hai un orzamento previsto dun 50 millóns de euros. 

“Impulsamos este eido produtivo desde o punto de vista da elaboración, transformación, comercialización e promoción”, dixo o conselleiro, xa que para garantir o éxito é imprescindible a unidade entre todos os axentes do sector, desde o gandeiro ata o consumidor, pasando pola industria, a distribución e a propia administración. 

Ademais, lembrou que a alianza estratéxica entre produtores e industria, orientada cara a potenciación do ecolóxico, é un verdadeiro exemplo para todo o sector e animou aos presentes a continuar por esta vía no futuro. 

Neste senso, o titular de Medio Rural agradeceu a aposta do grupo Lactalis por Galicia, xa que recolle leite a preto de 1.400 produtores, o que se traduce en máis de 456 millóns de litros no 2017. O conselleiro destacou tamén a intención que ten o grupo de recoller máis de 12 millóns de litros de leite ecolóxico no horizonte de 2020, sendo a maior parte do produto de explotacións galegas.