Feira do Mel de Montaña de Muras

A IV Feira do Mel de Montaña de Muras, que conta cunha achega de 3.000 da Deputación de Lugo, terá lugar os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró. Segundo destacou o voceiro gol goberno provincial, Santos Ramos, “a Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos para promover e poñer en valor os produtos da provincia, ao tempo que contribuímos a dinamizar a economía local, xa que se conta cunha afluencia de máis de 3.000 persoas, o que da boa mostra da importancia desta cita para o Concello”. 

Vidal Baamonde, deputado de Turismo, apuntou pola súa banda que que “a través desta cita, ademais de impulsar un dos produtos máis tradicionais da provincia, como é o mel, axudamos a promover a zona e desestacionalizar o turismo, nun enclave natural único como é o Concello de Muras”. 

Esta cuarta edición contará cun total de 15 expositores, que ademais de mel, porán á venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores. en Muras existe preto dunha trintena de explotacións apícolas con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandería da zona. Anualmente, prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, dependendo das condicións climatolóxicas desa tempada, o que supón un importante complemento económico para as familias.