Cuntis vive as súas castañas

O concello de Cuntis leva tempo apostando por revalorizar os seus soutos e castañas, unha aposta que se visibilizará claramente este sábado coa celebración da cuartas xornadas de exaltación da castaña “Cuntis vive a castaña 2018”. 

Unha xornada cun completo programa de actividades baseados neste froito tan galego. Todo comezará as 12:30 cun Taller de Repostería impartido por Tere Rico, ao que seguirá a presentación do libro “A castaña no medievo” de Héctor Picallo. 

Para o mediodía o Restaurante Don Manuel elaborará un completo menú con castaña e pola tarde Iván Méndez impartirá un Taller de cociña con castaña. 

Paralelamente, instalarase unha carpa na Praza da Constitución con actividades para nenos, degustacións e finalmente un magosto con actuacións de música popular. Os bares da localidade tamén participan ofrecendo tapas con castaña ao mediodía e á noite.