As cidades patrimonio da humanidade reuniranse en Santiago

Santiago de Compostela acollerá a vindeira xuntaza de alcaldes e alcaldesas da Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, prevista para o mes de marzo. 
Así se decidiu na xuntanza que os membros deste selecto grupo mantiveron en Cuenca este sábado, a donde se desprazou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Ne sesión deste sábado, ademais de acordar que a vindeira xuntanza se celebre en Santiago, tamén se aprobaron os novos estatutos e o regulamento económico do Grupo. Ademais, aprobouse o Plano Operativo de Turismo e as bases da Aula de Patrimonio para o 2019, entre outros asuntos. 

Na xornada do venres, o alcalde tamén asistiu á entrega do Premio Patrimonio 2018 á Raíña Sofía, outorgado polo seu "apoio e difusión" do legado patrimonial das cidades do Grupo. O acto celebrouse no Espacio Torner de Cuenca, e contou coa participación da ministra de Turismo, Reyes Maroto, e do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page.