As adegas de Rías Baixas xa se colgaron as medallas HGg&T


Este luns as adegas da D.O. Rías Baixas abriron o calendario de entrega de medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, nun concurrido acto que se desenvolveu nas instalación do propio consello regulador. 

O acto estivo presidido polo secretario xeral da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, pola coordinadora xeral de HGg&T, María Campos e polo seu director-fundador, Guillermo Campos, que aproveitou a ocasión para reivindicar a validez dunhas catas nas que o xurado sempre estivo formado maioritariamente por técnicos especialistas de reconocida solvencia. 

E precisamente foron os representantes destes corpos técnicos os encargados de entregarlle os seus diplomas acreditativos ás 33 bodegas que obtiveron medallas de ouro ou prata entre 2013 e 2017, demostrando que mantiñan altos niveles de calidade en tempos de crise. 

Pedro Villamarín, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia (AGASU), Pablo Estévez, secretario da Asociación Galega de Enólogos (AGE) e Victoriano Castro, director comercial da revista, recoñeceron a labor de adegas como Señorío de Rubiós, con 7 ouros e 1 prata, Altos de Torona, con 6 ouros e 1 prata ou Martín Códax, con 6 ouros. A lista completa de adegas premiadas pode consultarse a continuación.


Abadía de Tortoreos
1 PRATA
Adegas Arousa
1 PRATA
Santiago Roma
1 PRATA
Grupo Reboreda Morgadío
1 PRATA
Maior de Mendoza
1 PRATA
Quinta Couselo
1 PRATA
Bodegas Aldea de Abaixo
2 PRATA
Bodegas as Laxas
2 PRATA
Bodegas Marqués de Vizhoja
2 PRATA
Bodegas Pablo Padín
2 PRATA
Santiago Ruiz
2 PRATA
Adega Gran Vinum 
1 OURO
Adega Tollodouro
1 OURO
Adegas Valmiñor 
1 OURO
Agnus Dei
1 OURO
Lagar de Cervera
1 OURO
Lagar de Costa
1 OURO
Pazo Pondal 
2 OUROS
Pazo de Galegos 
3 OUROS
Bodeas Martín Códax
7 OUROS
Adegas Galegas
1 OU + 1 PRA
Agro de Bazán
1 OU + 1 PRA
Bodegas Enoturismo Acha
1 OU + 1 PRA
Bodegas Forjas do Salnés
1 OU + 1 PRA
Bodegas Viña Nora
1 OU + 1 PRA
Mar de Frades
1 OU + 1 PRA
Pazo de Señoráns
1 OU + 2 PRA
Adega Laureatus
1 OU + 3 PRA
Adegas Valtea
1 OU + 3 PRA
Bodegas Altos de Torona
6 OU + 1 PRA
Bodega Señorío de Rubiós
7 OU + 1 PRA