As adegas da Ribeira Sacra e Valdeorras recibirán este luns as Medallas HGg&T


As adegas de la D.O. Ribeira Sacra recibirán as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, cun acto que terá lugar o vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 nas instalacións do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Un total de 20 bodegas están convocadas a este entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise. 

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, fará as veces de mestre de cerimonias. Os premios serán entregados por Guillermo Campos, fundador de revista Hostalería Galega e Turismo; María Campos, directora da publicación, e Victoriano Castro, director comercial.

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Carballiño na primavera, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, como se lembrará, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, chacinas, cafés, aceites, cervexas, etc.

A entrega dos diplomas da Ribeira Sacra forma parte dun completo calendario no que se entregaran as distincións ás máis de 300 marcas distinguidas durante estes anos: O luns 19 entregáronse na D.O. Rías Baixas, o mércores seguinte na D.O. Riberio, na tarde do luns 26 os da D.O. Valdeorras, o mércores 28 entregaranse os diplomas ás empresas conserveiras con Anfaco, o 30 de novembro na sede do Agacal entregaranse conxuntamente os diplomas para queixos, cervexas, aceites e o 3 de Decembro os da D.O. Monterrei.

No primeiro trimestre próximo, HGg&T anunciará a convocatoria da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das catas celebradas ao longo de 2018, coa que rematarán as celebracións do XXV aniversario da fundación e edición ininterrompida da revista sectorialmente hexemónica no cuadrante noroeste peninsular.