Adiante o Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra Olegario Sotelo Blanco

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a ratificación do convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Fundación Sotelo Blanco e o Concello de Castro Caldelas, para a posta en funcionamento do Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra Olegario Sotelo Blanco.

A institución provincial concede así unha axuda de 22.045 euros á Fundación Sotelo Blanco para esta finalidade.

O obxetivo é promover o turismo cultural e incentivar o coñecemento do patrimonio cultural e histórico galego e ourensán. A Deputación de Ourense realizará as actuacións para a posta en funcionamento do museo e do proxecto museográfico, e farase cargo dos medios humanos e materiais.

O traslado deste Museo, considerado o máis grande de Europa, instalarase no antigo Centro Comarcal de Caldelas, que leva 6 anos cerrado e que habrá que acondicionar para a súa nova función.