A APEHL imparte un curso de enoturismo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) está impartindo un curso de especialización en enoturismo, financiado pola Deputación de Lugo, que deu comezo o pasado 29 de outubro e continuará ata o 19 de novembro.

O director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, é o encargado de dirixir as clases aos 15 alumnos, todos empresarios do sector na provincia. O último día de curso porase fin cunha viaxe á Ribeira Sacra.