A APEHL entrega os diplomas aos asistentes ás clases de enoturismo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) clausurou o curso de especialización en enoturismo, financiado pola Deputación de Lugo, no que participaron un total de 15 profesionais do sector da provincia.

deputado da área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e Cheché Real, presidente da APEHL, foron os encargados de entregar os diplomas os asitentes, xunto co director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, encargado de impartir as clases.