A 32ª Asemblea da Federación Española de Asociacións do Camiño de Santiago se celebrará en Ourense

A 32ª Asemblea da Federación Española de Asociacións do Camiño de Santiago, que terá lugar en Ourense os días 8, 9 e 10 de marzo de 2019, sendo a primeira vez que este cumio se celebra en Galicia. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos vicepresidentes da Asociación Cultural "Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Prata" de Ourense, Eligio Nieto e José Antonio Quintas, quen analizaron co presidente do goberno provincial as actividades e proxectos que este colectivo prevé levar a cabo en próximas datas, unha programación que inclúe a celebración da citada asamblea

O evento, que comezará o día 8 cunha recepción no centro cultural "Marcos Valcárcel", reunirá a preto de catrocentas persoas e nel elixirase a nova xunta directiva da federación, na asemblea que terá lugar o 9 de marzo, dedicando o día seguinte a actividades na cidade de Ourense e na provincia, onte os visitantes terán a oportunidade de coñecer lugares emblemáticos do territorio provincial como a Ribeira Sacra.

Manuel Baltar confirmou a colaboración por parte da Deputación de Ourense neste evento, "que consideramos de máximo interese para a promoción cultural, turística e patrimonial do noso territorio, e tamén para pór en valor o traballo que desenvolve a Asociación Cultural "Amigos do Camiño Mozárabe-Vía da Prata", visibilizando os camiños de Santiago que pasan pola provincia de Ourense, todo elo en vésperas da celebración do gran acontecemento turístico que será o Ano Xacobeo de 2021", expresou Baltar.

f_depourense.es