1,5 millóns de euros para a revitalización os cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns

Cun investimento de 1,5 millóns de euros se levarán a cabo as actuacións de reforma e adecuación para os cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns previstas polo Goberno local.

Tan como presentou a concelleira de Medio Ambiente, María García, "se afondará na mellora do estado deste servizo público básico para a cidadanía ao tempo que se recuperan un patrimonio histórico e cultural de excepción".

As obras están destinadas a restaurar as instalacións e acondicionar os espazos "para axustalos á demanda cidadá de espazos máis cómodos e máis prácticos á hora de visitalos e tamén para crear zonas destinadas á reflexión e á contemplación máis axeitados nos lugares onde enterramos aos seres máis próximos". 

A maior parte das actuacións realizaranse no cemiterio de San Amaro, "un lugar con valor histórico, artístico e cultural inaugurado en 1813, no que están enterradas tamén moitas persoas ilustres e que foi escenario de episodios históricos da cidade".

Para conservar a singularidade do cemiterio de San Amaro vanse poñer en marcha diferentes accións, algunhas delas xa previstas no plan director do espazo, como a demolición da sala de recepción, que carece de valor histórico, e o traslado desta función á antiga sala de autopsias, do século XIX. "

A obra ten un orzamento de 415.000 euros que se encadra na estratexia Eidus da cidade, dentro da liña de conservación e posta en valor dos cemiterios. 

Está prevista outra obra "que aproveite un lugar privilexiado para crear un gran miradoiro ao mar e para a contemplación". A obra, con cargo ao contrato de parques e xardíns, ten un orzamento previsto de 240.000 euros.