TEMPO PARA A FABA DE LOURENZÁ

A Festa da Faba naceu en 1990 froito dunha iniciativa do Concello de Lourenzá para promocionar o consumo desta leguminosa e exaltar un produto gastronómico de excepcional calidade, reconocido e amparado coa Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. 

Actualmente este acontecemento reúne no Concello a primeira fin de semana de outubro (é dicir, esta fin de semana) a produtores, compradores, tratantes e consumidores da Faba de Lourenzá; un legume que acadou unha gran consideración no mercado nacional pola súa extraordinaria calidade culinaria. 

Na Festa da Faba, que cada ano atrae a milleiros de persoas, a degustación gastronómica tan só é unha parte da programación festiva, combinándose con outras actividades de exaltación e a celebración de eventos lúdicos e culturais. 

Así, as exposicións de artesáns e artistas, o baile, a música ou o teatro contan xa cun espazo de seu no programa de actos. 

Por todo isto a Festa da Faba acadou o merecemento de Festa de Interese Turístico Galego, concedido pola Xunta de Galicia. 

www.concellodelourenza.gal/es