San froilán, a cidade como destino a ritmo de patrimonio

O outono en Lugo é recibido dende o século XVIII coa algarabía do San Froilán, un motivo máis que 
xustificado para achegarse á cidade amurallada do 4 ao 12 de outubro e gozar dunhas festas patronais que recolleron a testemuña das antigas romarías populares e que, mantendo a tradición, volucionaron armoniosamente cara a celebración urbana que actualmente coñecemos.

Lugo é pois a cidade perfecta para gozar da festa a ritmo de patrimonio. Visitar a bimilenaria cidade, a Lucus Augusti dos romanos fundada por Fabio Máximo, que atesoura máis de 2.000 anos de historia. Contemplar a impresionante muralla, declarada no ano 2.000 pola Unesco Patrimonio Mundial da Humanide, e subir ao adarve, poñamos por caso, dende a Porta de Santiago, para facer unha camiñata de 2 quilómetros oteando a vista de paxaro toda a cidade. Monumentalidade en armoniosa maridaxe coa música, é a nosa proposta nestas festas de Interese Turístico Galego e Nacional.

Vestixios e pegada da cultura romana que se pode ver tamén na rede museística da cidade, ou nas orixinais termas a carón do Miño, onde se acha o Balneario; vestixios medievais como a impresionante catedral, de estilo románico (s. XII), na que se venera a advocación mariana da Virxe 
dos Ollos Grandes; e tamén mostras do Barroco presente nalgúns dos edificios máis fermosos da cidade.

O visitante non debe perderse o paseo pola Praza de Santa María, onde se sitúa o Pazo Episcopal e a catedral, e moi preto, no corazón da cidade, a Praza do Campo -imprescindible neste entorno a visita ao Centro de Interpretación da Muralla-, na que se situaba o foro romano; a Rúa Nova, cardus máximo ou principal arteria da urbe romana; a Praza da Soedade ou a Praza de Santo Domingo dende a que, pola rúa Raíña, podemos chegar á Praza Maior e a Alameda, onde está o consistorio e o Círculo das Artes.

Preto daquí, merece visita, na rúa Dr. Castro, a Casa dos Mosaicos. Logo do paseo pausado, slow, podemos ir de concertos. En Lugo van tocar polo San Froilán Los Gofiones; a agrupación musical Lucus Ensemble, acompañados de Pilocha e Lis Latas; Heredeiros da Crus -"os máis jrandes"-, acompañados do grupo de Lugo Wicked World; Myles Sanko; Marky Ramone; Hombres G; o grupo La Moda; a cantautora Rozalén e a orquestra de música folk e tradicional SonDeSeu, que estará 
acompañada pola Orquestra Folk de Galicia; e distintos convidados de recoñecido prestixio da escena folk ibérica do momento: Vanesa Muela, Xuacu Amieva, Luis Peixoto, Begoña Riobó, Javier Feijóo "Xisco", Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní.

E se ao visitante lle quedan aínda folgos logo de tanta troula pode osixenar un pouco o corpo e o espírito -se procede- nun paseo polo Parque do Miño, dende o barrio de A Ponte ata o da Tolda, na confluenza do río Fervedoria. Atopar onde -nas marxes do río seguro que sí- gozar dunhas anguías fritidas ou en empanada, outro dos pratos típicos de Lugo, xunto, e non só, cos tentadores tentáculos do polbo ou a carne ao caldeiro. 

www. lugo.gal/es