O Robuchón, o Yayo, e unha Alborada que se apaga

Dos días frenéticos de verán, de placideces en destinos distantes que han de agardar crónica en meses máis sosegados, de axenda ás veces irreconciliable co amodiño disfrute que recomendo deste país…

Acabamos buscando tempo para todo, ata para mover a adega propia cos amigos, que ha ser práctica moi recomendable e agora por estes días de estío, precisamente, cando veñen -por iso cómpre andar por aquí o que se poida- ou cando teñen tempo os que inda non chegaron a estes días dourados da xubilación.

Veu Manolo Julbe, con María José, a dona que namorou nesta terra nosa cando veu dirixir Radio Nacional en Vigo, hai un cuarto de século. Segue, profesional, no micrófono da emisora en Palma de Mallorca, e para alá se foi cun claroscuro gastronómico inesperado: a decepción resultante dun polbo impropio –acorchado, insaboroe de tres escabeites -dous deles infelices- onde no las prometíamos moi felices, no Divina Comida de Domaio.

Haberá que darlle oportunidade para recuperar brillanteces reconocidas, como oportunidade lle daremos ao Kero, en Vigo, un restaurante de carimbo peruano sobre despensa autóctona ben fusionado, chamado a superar con sobresaliente a reválida á que este crítico cre comenente agardar…. Volverei, se podo, con Pepe Rodríguez, nesta ocasión ocarame a min pagar…. 

Veu Carlos Delgado, o crítico de viños de El País, protagonista de felices iniciativas no noso eido profesional que xunguiron nosa vida profesional: desde a creación do Slow Food en España –e no congreso fundacional en Venecia- ata a dirección de relevantes revistas enolóxicas ou o salón Vinoble en Jerez. Convideino ao Foro que Roque Durán organizou en Terras de Asorei, e fomos cear ao Yayo Daporta, o estrela Michelin de Cambados, un dos bos rapaces do grupo Nove: tapenades, brandadas,un bo salmorejo neste facho da cociña seica galega… Perfecta a japo-típica xarda afumada, “rational” a pescada en salsa de berberechos (parecéronme), seca a “vaca vieja” asada, gran reserva en ondón….

Foisenos Joel Robuchón tan enemigo da comida rexenerada. Decíase, alá cando o coñécín no seu bistrot de París –trinta aniños fará, tantos como estrelas acaparaba agora- que de cada comanda mandaba facer dúas versións; probaba a que máis lle gustaba, esta marchaba ao comensal, e a outra ao lixo… Cando volvín xa non estaba pegado ao posto de mando, despois dun tempo sabático, a timidez non lle impedira estender súa influenza territorial, sen perder unha escola de autoesixencia exemplar, unha man cualitativamente firme, aquela que convirteu ás, por entonces, toscas e fortes cremas de ourizos… nunha delicia palatal, nun vals de aroma, tacto e sabor controlado. Un ourizo domado.…

E váisenos, entre outras estancias (recente os descorches, bocados, momento amigo na "finca" de Campolongo do abogado Enrique Devesa e demais xiareiros do café cotián), de vindas e idas.., o Alborada de A Coruña en outono, outro estrella Michelin-Nove que non aguanta. Pero merece unha derradeira visita antes do cerrollo. Unha despedida á altura da súa cociña, e hai que buscar axenda para tales honras. Xa lles contarei….

Guillermo Campos