O polbo de acuicultura chama ás nosas portas

Un grupo de científicos foi quen de criar polbo de acuicultura ao logar o cultivo completo deste cefalópodo dende fase larvaria ata a súa comercialización final como adulto. 

O éxito de supervivencia nas probas realizadas é de ata o 90 por cento, cando ata hai pouco tempo era de apenas o 3 por cento. 

E a empresa Nova Pescanova fíxose coa patente, segundo unha información publicada polo portal GCiencia.

Para conseguir estes avances, a nova patente fixo cambios importantes. Mudaron moitas das condicións nas que se facía a cría con anterioridade. E as probas comerciais do novo sistema tiveron tal éxito que se espera un anuncio inminente, que probablemente chegará nas vindeiras semanas a través da propia Pescanova. 

As consecuencias de producir polbo de acuicultura poden supoñer toda unha revolución económica, porque afecta á produción dunha das especies máis demandadas do mercado, cando precisamente vén de pasar por un tempada de escaseza e elevados prezos.