Marisco do Grove: Cinta puntual, cita intemporal

O Grove, que celebra a LV Festa do Marisco do 4 ao 14 de outubro, é un concello pontevedrés situado nunha pequena península á entrada da Ría de Arousa, unha vila viva e chea de vida, pobo mariñeiro e turístico, elementos encardinados en perfeta simbiose e armonía, con lugares tan fermosos como San Vicente do Mar, Pedras Negras ou a archicoñecida Praia da Lanzada, pola que teima este concello co seu veciño Sanxenxo pero que por límites xeográficos non lles queda outra que compartir.

A ensenada que se forma entre o itsmo da Lanza e a península do Grove, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, está declarada Zona Húmeda de Importancia Internacional e incluida no convenio RANSAR. Abarca o estuario do río Umia ata Cambados, unha zona na que estaban as salinas que lle deron nome á comarca do Salnés.

Trátase dun concello pequeno en extensión, que non conta con grandes monumentos, pero que atesoura beleza e a característica típica e o día a día da esencia do pobo mariñeiro galego, coa súa bulideira Praza de abastos e unha lonxa que ten moito atractivo turístico, non explotado pola adormecida administración local.

Unha localidade, en definitiva, para disfrutala todo o ano, polo seu clima suave, para gozar da súa gastronomía na que os froitos do mar cobran protagonismo, pero tamén os da cabaña e da horta…que o Grove da para moito, coa cosmopolita Illa da Toxa, con histórico balneario e campo de golf.

En definitiva, unha península, todo un mundo en si mesmo, con posibilidades para facer sendeirismo con vistas ao mar, excursións marítimas coas diferentes navieiras que teñen a súa base no porto da localidade, con rutas a Cíes, Ons e moitas outras e outras moitas posibilidades que iremos desfiuzando.

Unha pequena península, case unha illa, na beira suoreste da Ría de Arousa, na comarca do Salnés –berce din do albariñoaquela que o ilustrado conservacionista e estudoso da botánica Frei Martín Sarmiento salientou e utilizou nas súas escapadas cara a Compostela. Por algo sería, quédense coa copla.