Festa do Caracol en Santa María de Sacos


Este domingo, 14 de outubro celébrsse en Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade) unha nova edición da Festa Gastronómica do Caracol, promovida pola Asocación Amigos do Caracol, aínda que detrás está a empresa local Caracoles Do Gallo. 

Entre as novidades deste ano a organización incorpora os caracois con fideos, ademáis de outras preparacións clásicas que poderán degustar os asistentes coma empanada de caracois a prezxos populares.

A festa, que estará amenizada por un grupo musical, dispón de servizo de bar no que se ofrecerán outras viandas coma churrasco ou callos. Todo elo baixo carpa e cun amplo aparcadoiro.

A granxa Carafio Do Gallo, que funciona en Santa María de Sacos desde o ano 2005, ten unha producuión anual de entre 10 e 12 toneladas o seu principalo mercado en Madrid a onde exporta practicamente o 80% da produción.