Bota a andar o Consello Provincial de Turismo de Lugo

A deputación de Lugo vén de celebrar a sesión constitutiva do seu novo Consello Provincial de Turismo, un órgano que buscará impulsar o crecemento e a transformación do sector na provincia para acadar un modelo máis competitivo e rendible, traballando en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino.

Este novo organismo estará presidido polo máximo responsable da Deputación, Darío Campos, e integrará como membro experto a Miguel Pazos Otón, Director do Centro de Estudos de Investigación Turísticas (CETUR) da Universidade de Santiago de Compostela, un reputado profesional do ámbito da investigación turística no país.  

Completando o plantel do novo organismo estarán representantes do sector público e privado, quedando a lista como segue: 

- Darío Campos Conde, Presidente do Consello Provincial de Turismo.
- Eduardo Vidal Baamonde, Vicepresidente.
- Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario.
- Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo polo Grupo Provincial do PSOE.
- Juan Carlos Armesto e José Demetrio Salgueiro polo Grupo Provincial do PP.
- Antonio Veiga Outeiro polo Grupo Provincial do BNG.
- Alfredo Llano García da Mancomunidade de Municipios da Mariña. 
- Luís Fernández Gutián do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
- Jesús Varela Zapata do Vicerreitorado da USC do Campus de Lugo.
- José Francisco Real Castro do Clúster de Turismo de Galicia.
- Ángel Trabada da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo.
- Jacobo García-Boadilla da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo.
- José María Seijas da Federación Galega de Comercio.
- Mónica Díaz Jublín da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.
- Santiago Villanueva Falque da Asociación Galega de Propiedade Balnearia.
- María Nuria Neira Vila de Auxilia.
- Mercedes Lamela López da Área de Turismo da Deputación.
- Juan Antonio Ribadulla da Asociación Galega de Axencia de Viaxes-AGAVI-.
- Cesáreo González Pardal da Federación Galega de Turismo Rural –FEGATUR-.

Non confirmaron polo momento representantes a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo.