As San Lucas de Mondoñedo promociónanse en Ourense

Esta fin de semana a feira máis antiga de Galicia viaxou por un día dende Mondoñedo ata Ourense, presentándose no centro Márcos Varcárcel. 

As San Lucas de Mondoñedo, que se levan celebrando dende o século XII foron recoñecidas polo preisdente da deputación de Ourense, Manuel Baltar "pola súa excelencia cultural, situándose como un referente etnográfico e da cultural popular".

Na presentación estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia e o presidente da asociación cultural "As San Lucas", Miguel Souto, que aproveitou para resaltar que o evento centenario "feira, festa, cultura e tradición"

O programa da festa, que se celebra en Mondoñedo do 17 ao 21 de outubro, pretende chegar a todos os públicos. O pregón correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e terá lugar o mércores 17.

Entre as actividades atópase a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia. A programación recolle ademais a tradicional chegada dos cabalos polas rúas empedradas da cidade ata a feira e o seu paso pola praza da Catedral, a actuación de Quico Cadaval, o encontro folclórico, teatro, un concurso de andadura galega, morfolóxico de cabalos e de trote, demostracións de ferrado e forxa, a segunda xuntanza de tractores clásicos e a homenaxe a Pascual Veiga.