Achega da Deputación de Lugo a APEHL

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) asina un convenio coa Deputación de Lugo co obxectivo de promover de maneira nominativa diversas actividades que favorezan o impulso e o fomento do sector hostaleiro na provincia de Lugo e a marca … E para comer, Lugo. 

No acto estiveron presentes Darío Campos, presidente da Deputación Provincial, e Cheché Real, presidente da APEHL. 

Seguidamente, inauguraron un Curso de Enoturismo, organizado pola Apehl e financiado pola entidade provincial, que imparte Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño, a uns 16 profesionais do sector procedentes de diversos puntos da provincia.