Un vídeo promocional reivindica o patrimonio de Boborás

A Boborás non lle faltan atractivos para atraer visitantes, ao fermoso entorno natural súmase un gran número de exemplos de patrimonio histórico e etnográfico. 

Para promocionar todos estes atractivos o Concello acaba de presentar un traballo audiovisual que pretende promocionar a riqueza turística, histórica e natural do municipio. O vídeo, baixo o lema "Boborás, arte e natureza", ofrece un percorrido polo arte, as construcións medievais, as termas, a arqueoloxía, a historia e a singularidade dos recursos naturais e medioambientais.

A presentación tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, colaboradora do proxecto e contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador do Plan Director de Turismo de Boborás, Emilio Cuiñas. Rosendo Fernández destacou "o grande berce histórico de Boborás, un territorio no que conflúen etnografía, tradición, cultura e un patrimonio histórico-artístico dos máis importantes, algo que é labor de todos seguir potenciando e defendendo".