Paco & Lola renova o convenio con Anaca para ofrecer mellores servicios financieiros aos socios

Abanca e a adega Paco & Lola renovaron un ano máis a súa colaboración cun novo convenio fnanceiro que medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos vitcultores nos primeiros compases da campaña da vendima. O presidente da cooperatva, Carlos Carrión Álvareza e o director de zona de Abanca en Arousa/Salnésa, Víctor Manuel Vázquez Saavedraa, rubricaron un novo convenio que reafrma o compromiso da entidade fnanceira cun segmento básico da economía produtva da comarca do Salnés e cun sector estratéxico para Galicia. 
Así os socios poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, fnanciamento a través de leasing, confirming, liñas de desconto comercial, avais, antcipos de impostos ou subvencións e antcipos da PAC. 

Do mesmo xeito e co ánimo de optmizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, Abanca poñerá a súa disposición persoal especializado en xestón de seguros, que asesorarán das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. 

Os socios da bodega, entre outras prestacións, tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetasa pero tamén polas transferencias e ingresos de cheques ou outros servizos habituais. 

Paco & Lola fundouse no ano 2005 por iniciatva dun grupo de vitcultores e produtores de viño da comarca do Salnés que decidiron profesionalizar a súa produción. Na actualidade está consttuída por máis de 400 socios sendo a cooperatva máis importante en número de viticultores da denominación de orixe Rías Baixas. 

A adega conta con 200 hectáreas de viñedo propio repartdas en máis de 1800 parcelas localizadas na subzona do Val do Salnés. Desde a súa inauguracióna os seus viños recibiron numerosos recoñecementos en todo o mundo.