Os sabores de Lugo arrecenden en La Vuelta

O stand de … E para comer, Lugo chegou con La Vuelta Ciclista a España a Mondoñedo e estivo como cada día instalado na zona VIP da saída da etapa para facer promoción turística e gastronómica da provincia. A novidade na saída desta etapa foi que as tapas repartidas aos visitantes foron elaboradas por integrantes da Asociación de Cociñeiros da Mariña, así mesmo sucederá este vindeiro venres desde Candás. 

Os chefs que cociñaron esta mañá foron David Rodríguez Moledo, de A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo); Bruno Perna Arnaú, de A Horta de Paula (Mondoñedo); Waldo José González, da panadería Rubal (Mondoñedo); Jesús Villarino Gavín, do restaurante Asador (Barreiros); Jorge López, de O Pazo de Tovar (Lourenzá); Michel Cociña, de Casa Miranda (Burela), e Alejandro Arca Uría, de Arume Gastrobar (Viveiro). 

Todos os aperitivos son elaborados con produtos da terra e ofrecéronse diferentes platos como empanada de Galo de Mós en berza da horta de Mondoñedo; pescada de Burela, mousse de Faba de Lourenzá e xel de Pementos de Mougán; Fabas de Lourenzá con Cordeiro de raza Ovella Galega; steak tartare de Rubia Galega con Arzúa Ulloa e Pemento de Mougán sobre Galletas Daveiga, e crema de queixo do Cebreiro e Mel de Galicia. 

Esta é a sétima edición de La Vuelta na que participa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de asociacións de produtores e varios consellos reguladores como o consello regulador da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Asoporcel, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia e Afapan. Este ano estréanse na lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga).