Os cristiáns venceron de novo na batalla da Limia

O municipio ourensán de Rairiz de Veiga celebrou unha vez máis esta fin de semana o seu tradicional enfrontamento entre mouros e cristiáns no marco da "Romaría da Saínza". 

Unha festividade tradicional que leva celebrándose dende mediados do século XIX. A deste ano edición foi a edición 175, a batalla leva tendo lugar preto de dous séculos coa única interrupción da guerra civil.

E nesta fin de semana demostrouse que a romaría segue sen perder forza, miles de curiosos asistiron a observar un enfrontamento tamén popular entre os propios veciños.

Repite o éxito unha celebración declarada de interese turístico, que o vicepresidente da deputación de Ourense, Rosendo Fernández, considera "arraigada no calendario festivo da nosa provincia, recrea desde o ano 1840 no Concello de Rairiz de Veiga, o combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños do municipio, ataviados cos traxes daquela época, representan este feito que atrae a numerosos visitantes tódolos anos".