Arrinca o XIV Concurso de Tapas de Lugo

Este xoves 6 de setembro terá lugar a inauguración simbólica do XIV Concurso de Tapas de Lugo, que arrincará de maneira oficial o venres 7. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Mesón Colón, gañador da pasada edición do certame gastrónomico e estarán presentes o presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carme Basadre.

Por outra banda, no stand de ...E Para Comer, Lugo na saída de La Vuelta Ciclista a España desde Mombuey (Zamora), os visitantes degustaron Queixo do Cebreiro, Mel de Galicia e tapas de Pataca de Galicia con panceta de Porco Celta.