A Festa do Albariño de Cambados declarada de Interés Turístico Internacional

A Festa do Albariño de Cambados acaba de acadar o marchamo de Festa de Interés Turístico Internacional, convertíndose na décima en Galicia que acada este recoñecemento, o máximo posible neste eido, sendo a primeira exaltación enogastronómica galega en conquerir esta distinción. 

Únese, deste xeito á Romaría Vikinga de Catoira, ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, á Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada),ás Festas do Apóstolo en Santiago, á Semana Santa de Viveiro e Ferrol, ao Corpus Christi (Ponteareas), ás Fogueiras de San Xoán (A Coruña) e á Festa da Arribada (Baiona). 

Galicia con 141 festas de interés turístico, 10 de carácter internacional, 11 de Interés Turístico Nacional e 120 de Interés Turístico de Galicia.