Paco & Lola marida con música e mar no Rockin' Vila


Esta fin de semana celébrase en Vilanova de Arousa o festival Rockin’ Vila, un festival que sabe a mar, onde a música e a praia convivirán con actividades gastronómicas como a cata que organizará Paco & Lola mañá sábado ás 19:30.

Os organizadores pretenden crear unha simbiose máxica entre festa, cultura e tradición nunha  paraxe única.

Hoxe mesmo abrirá o festival Foxy Freire, seguido por Barbitúricos e Sés, un dos pratos fortes da noite. Culminarán a noite Brinkadelia Troupe e Rebelion do Inframundo. Para mañá sábado moitos máis grupos: Siniestro Total e Terbutalina soan como nomes fortes nunha completa sesión na que tamén aparecen Sondarúa, Lisdexia, Kings of the Beach, Aula 11, Funkiwis e Igmig.

A axenda do festival complétase con actividades para nenos, pasarrúas, actividades acuáticas e unha exposición de embarcacións tradicionais.