Buscar/Hemeroteca

lunes, 27 de agosto de 2018

Lugo pon en marcha o seu Consello Provincial de Turismo


A deputación de Lugo está ultimando a posta en marcha do novo Consello Provincial de Turismo, que buscará impulsar o crecemento e a transformación do sector na provincia para acadar un modelo máis competitivo e rendible, traballando en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino

Trala publicación no BOP o pasado 5 de maio, acaba de concluir o periodo para presentar reclamacións, polo que o texto quedou aprobado definitivamente. Por iso dende a deputación xa se puxeron en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo ente, para que comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.

En concreto, están convocadas un total de 26 institucións, relacionadas co turismo na provincia, entre as que se inclúe a USC, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, así como representantes de grupos políticos, entre outras.


No hay comentarios: