Buscar/Hemeroteca

viernes, 24 de agosto de 2018

BTT Trevinca – Desafío Starlight para coñecer as potencialidades paisaxísticas e naturais da Veiga

O día 2 de setembro celébrase a segunda edición da súa ruta de ciclismo de montaña, a BTT Trevinca – Desafío Starlight no municipio da Veiga con tres posibles rutas de diferentes distancias. Como novidade este ano, a organización ofrece tres posibles rutas: a curta de 35 quilómetros, a media de 55 quilómetros e a longa de 75 quilómetros.

Actualmente xa están inscritos 130 participantes entre os que se atopan campións de España, aínda se espera chegar aos 250 participantes da pasada edición. O obxetivo é que veñan ciclistas dun nivel profesional e lograr que dentro duns anos esta proba sexa unha das máis importantes do BTT Nacional.

Os interesados en participar poderán inscribirse na web www.galitiming.com, sendo o custe da inscrición para a ruta longa e media de 18 euros e para a curta de 12 euros. A saída da proba terá lugar ás 9.30 horas para tódalas rutas.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que aglutina "natureza en estado puro e deporte, dando a coñecer as potencialidades paisaxísticas e naturais que ofrece esta zona ourensá", sinalou vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen engadiu que este tipo de iniciativas contribúen a "fomentar a práctica do deporte e a vida saudable, sendo tamén un pulo importante para a dinamización do noso territorio".

No hay comentarios: