Arranca a Festa do Viño do Condado cunha homenaxe aos fundadores da D.O. Rías Baixas

En Salvaterra cheira a viño, cheira a Condado. Empeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LIX Festa do Viño do Condado do Tea, dende hoxe venres ata o domingo 26 de agosto. Nesta edición participarán 28 adegas que achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, máis de medio centenar de viños. 

O acto previo a inauguración de este certamen báquico, o último no calendaría das festas enolóxicas galegas, será unha homenaxe a 20 viticultores e adegueiros fundadores da D.O. Rías Baixas. Este acto está auspìciado e promovido pola Confraría dos Viños e Espumosos do Condado e o Concello de Salvaterra. Comezará ás 13:30 horas coa recepción aos homenaxeados e rematará cun xantar na adega La Val. 

Hoxe enres 24, pola tarde-noite tamén terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partires de ese momento todos aqueles que o desexen poden desfrutar destes viños nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra e sobre todo das súas noites gastronómicas, onde se mezcla cultura, historia, música, gastronomía e lecer, algo que fai que esta festa, a Festa do Viño do Condado do Tea, sexa única. 

Ademais, cando a festa vaia chegando ao seu final, proclamaranse os viños “Deliciosos” do Condado 2018 tras unha cata para discernir cales son as mellores botellas do momento nesta importante subzona da D.O. Rías Baixas.