Buscar/Hemeroteca

miércoles, 29 de agosto de 2018

Antas da Ulla reivindica a música tradicional co Festival da Amizade


Os aficionados á música tradicional ten unha cita ineludible esta fin de semana no corazón de Galicia, en Antas de Ulla, coa celebración do Festival da Amizade musical, no que participarán preto de 130 músicos.

Será este sábado 1 de setembro a partir das 17:00 na Praza Nova de Antas de Ulla, onde abrirá a programación o grupo folclórico de Danças e Cantares de Modivas procedentes de Vila do Conde- Portugal, e mais tarde actuará a Asociación Cultural Fiadeira. Tres grupos de cantos de Taberna actuarán a partir das 19:00 polos bares da vila, e a partir das 23:00 en As Canteiras haberá actuación de ODAIKO, con Vanesa & Muela. Trátase dunha cantante e percusionista vallisoletana, todo un referente na recuperación, estudo e interpretación das tradicións ibéricas tanto nos seus proxectos en solitario ou colaboracións.

O festival foi presentado pola deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e a representante do Festival da Amizade Musical de Antas de Ulla (FAM), Susana Diéguez Valladares.

A Deputada explicou que este Festival enmarcase dentro das citas que promove o Goberno da Deputación, dentro da súa programación de eventos lúdicos nos diferentes Concellos da Provincia, como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo. Ademais, agradeceu o traballo realizado ao longo deste anos, por todos os responsables da Asociación Fiadeira, encargada de organizar esta cita e convertela nun éxito.

Susana Diéguez agradeceu á Deputación a súa implicación neste proxecto que este ano xa celebra a súa 6ª edición. E convidou a todos os visitantes a achegarse a Antas de Ulla, “para celebrar un día cheo de música, e de diversión, cun festival único”.

No hay comentarios: