Buscar/Hemeroteca

jueves, 26 de julio de 2018

Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña convertirá neste verán os parques, prazas ou xardíns en salas abertas de proxeccións. En total, serán case setenta as sesións cinematográficas que se produzan até fins de agosto, con especial atención ao público infantil.

O Pino, Valdoviño, Rianxo, Fisterra, Frades, Cabanas, Arteixo, Dumbría, Melide, Monfero, Carballo, Oleiros, Valdoviño, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Bergondo, A Laracha, Cabanas, Narón, Melide, Muros, Cariño, Neda, Cerceda, Lousame ou Muros son os concellos en que se proxectarán películas da Rede Cultural nos próximos días. Os concellos podían facer a súa escolla dun abano de 118 películas que compoñen a oferta do programa destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais.

Proxectaranse filmes como En todas as mans, de Diana Toucedo, Crebinsky de Enrique Otero con actores como Miguel de Lira, Luís Tosar e Celso Bugallo, Os Fenómenos de Alfonso Zarauza con Lola Dueñas e Luís Tosar ou A Praia dos afogados, de Gerardo Herrero, baseado na novela de Domingo Villar. A programación incluirá tamén coproducións galegas para público infantil como Pérez, o ratiño dos teus soños de Juan Pablo Buscarini ; Maimiño e o espello máxico, de Ernesto Padrón, A Tropa de Trapo de Alex Colls, O Espíritu do Bosque de David Rubín e Juan Carlos Peña

Ao programa Visións súmase este ano unha nova liña da área de Cultura da Deputación da Coruña cun un orzamento de 150.000 euros, destinada á distribución de filmes en galego que quere contribuír a poñer fin á dificultade de que os filmes na nosa lingua cheguen ao público.

A convocatoria da Deputación da Coruña considera dúas modalidades, unha de apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc.) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) e outra para a distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non galegos.

A axenda completa do programa Visións da Rede Cultural pódese consultar na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/agenda

f_ dacoruna.gal

No hay comentarios: